Videoclips

Aí vai unha nova entrega de videoclips en branco e negro. Este é dun tema de soundgarden, nothing to say. A verdade é que levar un par de imaxes con algo de cor, pero deixémolo correr.


As imaxes da récola de nenos fedellando e meténdose no medio da foto, todos con eses abrigos, e os outros tres sentados en plan reis co séquito darredor… parece unha parodia infantil da mítica foto de churchill, stalin e roosevelt nas sillas cando firmaron algo do da II guerra mundial. E a secuencia das mulleres fichando ou que sexa que fagan nesa fila tamén mola. Eu contei 46 mulleres. Mola o vídeo (que non ten autor coñecido, que eu saiba) e mola o tema. É para escoitalo a todo trapo no coche coas ventanillas cerradas.

churchill-roosevelt-stalin-ialta-1945.jpg

Algún día destes poñerei orde neste tododepende e farei unha categoría de videoclips, un formato que me encanta, e outra de videoclips en branco e negro. Pero mentres ese día non chega, deixo aquí unha relación dos que teño posto até agora. Ningún ten desperdicio:

-Radiohead - Street spirit

-PJ Harvey - Man size

-Ray Charles - Hit the road, Jack

-Shy fx - On the run

-Smog - I break horses

As illas Hébridas

mapa-hebridas.png

A National de xaneiro traía unha reportaxe moi chula dunhas illas máis chulas aínda: as Hébridas. Son todos eses arquipélagos que rodean a costa occidental de Escocia, desde os máis pegados a Irlanda (as Hébridas interiores) até os que se meten de cheo no Atlántico norte (as Hébridas exteriores).

Nalgunhas das interiores vive xente, hai cidades e destilerías de uisque e a xente comunícase sobre todo por mar, a lancha é o transporte máis común nas familias. Tamén hai círculos de pedrolos, tipo Stonehenge, pero máis vellos aínda, como o de Callanish, na illa de Lewis. E covas mariñas, como a de Fingal.

callanish.png

cova-de-fingal.png

Nas Hébridas exteriores está o arquipélago de Santa Kilda, as illas máis afastadas da Gran Betraña. Son catro illotes (Boreray, Hirta, Soay e Dün) canijos pero preciosos, polo que vin por aí, declarados Patrimonio da Humanidade nos anos oitenta. Malia estar en pleno océano bravo, estiveron habitadas durante 4.000 anos, até o 29 de agosto de 1930. Ese día, e logo de varias décadas de emigración a Australia nas que a maioría morrían polo camiño, os apenas 30 veciños que quedaban en Santa Kilda acordaron marchar para Escocia, e xa non volveron máis.

boreray.jpg

Só quedaron os paxaros.

st-kilda-boreray.png

As fotos desta reportaxe, titulada ‘O confín do mundo’, e asinada por Lyne Warren na tinta e Jim Richardson no obturador pódense ver aquí, na nova web da national en español, que por certo está moi ben. E eu porque son moi estricta con isto do branco e negro no blog, pero o propio era poñer as fotos en cor, que son unha pasada.

A verdade é que a National Geographic é unha revista tremenda. No número de marzo falan, entre outras cousas, das liñas de Nasca, eses debuxos xigantes de animais, espirais e homes trazados aos pés dos Andes, no deserto do Perú, hai máis de dous mil anos. Como catedrais pintadas no chan. E na revista de febreiro o tema era a biónica: prótesis e aparatejos que emulan brazos, pernas, oídos e ollos e que se moven polos estímulos eléctricos que o membro ausente aínda xenera no cerebro.

muller-bionica-home-de-nasca.png

Estas  dúas fotos así xuntas fanme pensar nos conceptos de progreso e evolución.

diosssss

Eiiii vou ver o estreno da última temporada de perdidos en directoooo!!!!

pero en directo de EEUU eh, cuidadito conmigo.

Din cun link de justintv, unha deses teles online streaming live e todo e cun truco para que non pida clave ni ná… ejem…. total, que vou ver o 6×01 e o 6×02 dentro de… 40 minutos!!!

semos friquiiiiissssss!!!!!!

Documaniáticos

Mentres sigo cos experimentos de deseño (non vos estrañedes se estes días vedes cousas e formas raras no blog… aparte das actualizacións, que xa é bastante raro, din cunha páxina altamente recomendable: documaniatico.blogspot.com

É unha colección de documentais para ver online (vía Veoh, pero instálase nun minuto). Algúns raros, como o que fixeron uns guiris sobre as bonanzas do allo e a importancia que tivo en España na Guerra Civil ou algo así (aínda non o vin enteiro, pero non estou de coña, podedes ver un fragmento desta allada aquí, non ten desperdicio oír as preguntas da cámara ao paisano que conta como se facía o pantumaca), ou a historia dun home que se dedica a nadar ríos, ou a dos comics eróticos de temática nazi que seica tiveron moito éxito en Israel despois do Holocausto. En fin, un lote de documentais bizarros, moitos deles relacionados coa música e o cinema. Eu acabo de ver un titulado ‘It might loud’, unha especie de análise sobre a guitarra eléctrica, no que xuntaron a Jack White (dos White Stripes), Jimmy Page (Led Zeppellin) e The Edge (U2, por certo, vaia horterada de nome non?) para falar deste sonido. Pero a medida que estou escribindo esto estou vendo todos os que hai na páxina e é flipante, dá ganas de velos todos: billie holiday, mohamed ali, ivan zulueta, un concerto de james brown no sesenta e pico, outro dos lenningrand cowboys rodado por kaurismaki, houdini, montezuma…

harlem_1958.jpg

E tamén ten un documental que a ver se vexo estes días porque ten unha pintaza, aínda que non está subtitulado: ‘A Great Day in Harlem‘: a historia do jazz americano nos anos 50 contada cunha foto de grupo como fío: a que fixo un tal Art Kane (digo un tal porque eu non o coñecía, pero disque era famoso) en 1958 nunhas escaleiras de Harlem nas que xuntou aos músicos máis míticos do momento. E, claro, co que me gustan a min as fotos de grupo… teño que ver este documental. A foto está comentada en detalle (literalmente, identificando un a un cada tipo da foto, coa súa bio, a súa discografía e todo) nesta web: harlem.org

E como posdata, direi que o autor deste blog, o tal documaniático, cita á súa vez outro blog como “unha das mellores páxinas de documentais” que coñece: Naranjas de Hiroshima. Pa perderse outro día.

Experimentos

Como vedes, estou pensando en darlle unha volta ao deseño do blog. Estiven mirando por aí e vin varias cousas, vou probar este uns días, se é que consigo resolver o da barra da dereita que queda tapada. E tampouco me molan as flores esas do cabeceiro… a vós que vos parece?

Vin por aí algunha cousa orixinal, como este que imita o escritorio dun mac dos vellos

 

imagen-10.png

Ou este, titulado braintied, e que non ten nin categorías, nin barras, ni ná. Só un índice co título dos post máis recentes. Este tamén o quero probar, mólame a idea.

 braintied.png

Buscando temas e plugins e skins e un lote de neologismos, din cunha páxina chulísima (en realidade é un blog, pero deses “avanzados”) que debe ser bastante coñecida no mundo dos deseñadores porque había outras mil persoas mirando a páxina canda min.

love-no-colours.png

Chámase coulourlovers e é pois para iso, para amantes da cor.

Ten unha colección tremenda de cores, paletas e patróns, análisis de revistas e tendencias, programas, búsqueda por palabras clave… mola até pa divertirse, pa xogar buscando cores.

Eu puxen branco e negro, claro.

Pregúntalle a Dimitri

Hai algo que che preocupa?

Non che deixa durmir?

Queres saber que vai pasar?

Se necesitas axuda e consello,

pregúntalle a dimitri

A min axudoume con Perdidos…

Hut hut hut!

o-melon.jpgA miña última teima é o fútbol americano, ese no que os xogadores levan cascos tremendos, hombreiras tremendas, mallas e culi-pi-fora, e o balón ten forma de melón. Ese no que se dan unhas hostias flipantes. O da superbowl e a teta de janet jackson.

O deporte é unha mezcla de fútbol e rugby. Trátase de levar o balón até o fondo do campo contrario a base de turrar correndo con el, pasalo e bloquear os defensores facéndolles placaxes nas que vale case todo.

Os partidos estrutúranse en xogadas a balón parado nas que un equipo ataca e o outro defende. Cando un equipo está atacando, ten once xogadores no campo, e cando lle toca defender, outros once distintos. As formacións ofensiva e a defensiva funcionan case como equipos distintos, con entrenadores exclusivos para cada unha. E cada vez que o balón ou o xogador que ten o balón cae ao chan ou sae do campo, párase todo e comeza unha nova xogada.

O equipo atacante ten catro xogadas (ou downs) para adiantar o balón polo menos dez yardas (9,1 metros) en total. Se o conseguen, a conta volve empezar no primeiro down, e así seguido, de dez en dez yardas e de catro en catro downs co obxectivo de chegar ao final do campo, que en total mide cen yardas. En canto non dean feito dez yardas en catro xogadas, pasa o turno ao equipo contrario, que empeza a atacar onde quedara a bola. Canto máis avance un equipo, máis camiño ten que andar o rival para anotar e viceversa infinita.

O gol pode entrar dun patadón por unha especie de portería aérea (un field goal, que vale tres puntos) ou cruzando a liña de fondo co balón na man, que é o máis habitual. Isto último chámase touchdown e vale seis puntos. Cando un equipo fai touchdown, e noutros casos tamén, ten a opción de lanzar un patadón e sumar un ou dous puntos máis.

A situación do balón en cada momento marca unha liña imaxinaria no campo que separa os dous equipos. Máis aló desa liña, os que atacan non poden pasar o balón cara adiante, só poden avanzar con el nas mans. Así que só lles queda turrar. Turrar e turrar a base de cabezazos no estómago, placaxes brutais e abrazos de oso. Ou facer pases longos desde o seu campo para que reciba algún balilla e bote a correr.

joe-montana.jpg

O quarterback é o líder do equipo. É o xogador que fai os pases largos e precisos. Tamén é o intermediario entre o entrenador e o resto dos xogadores no campo; o míster dille a el a xogada polo walkitalki e el cántallela aos compañeiros despois. O quarterback máis mítico da historia é Joe Montana, xa retirado, que xogou en San Francisco. Ser o quarterback titular (QB1) es lo más.

Os que fan carreiras largas co balón son os runningback. Son baixiños e rapidísimos. Para esquivar os defensores, os runningback dan uns reversos chulísimos sen perder equilibrio nin velocidade, como se bailaran en carreira. Tamén hai xogadores especialistas en recepcións aéreas, outros que controlan a esquina ou os que só patean a bola (os kickers, como un marabilloso as kicker). E logo están os tackles, os jamaróns que protexen aos compañeiros bloqueando os defensores.

Ademais de forza, o fútbol americano é unha auténtica movida de estratexia e chapatoria: Hai un movemento distinto para cada xogador en cada xogada, e os entrenadores teñen un libro top secret con nomes en clave e códigos para todo. Por exemplo, se berran “¡¡43, blanco, troyathunder!! (jeje vaia clave máis molona me saiu) se cadra signfica que o quarterback ten que amagar o pase, virar á esquerda tres pasos, aguantar o balón dous segundos e logor mandala á esquina, onde estará esperando algún receptor. E tamén berran seguido “¡hut, hut, hut!” para indicar cando arranca a xogada e teñen linguaxe de signos entre eles. Os xogadores teñen que memorizalo todo e levan chuletas nos antebrazos dos traxes.

football.jpg

Nos EUA o fútbol americano é unha locura. Os institutos teñen equipos patrocinados de cinco ou seis entrenadores aos que fichan e despiden e que cobran moito máis que os directores do centro. Os xogadores teñen animadoras particulares que lles fan os deberes, van gratis ao cine do pueblo e a toda canta festa hai. Os axentes e os patrocinadores andan detrás dos rapaces desde que teñen 15 anos, malia que non poden ter espónsores e teñen prohibido recibir regalos mentres non son profesionais. E o que sae nas pelis das bolsas de estudo para os bos xogadores e malos alumnos, é tal cual na realidade. As cadenas nacionais retransmiten os partidos universitarios e xa na liga profesional, pois claro, xa está todo volto do revés, un negocio total, un desfase.

O que me meteu a curiosidade por isto do fútbol americano foi unha serie, ‘Friday Night Lights’. É dun equipo dun instituto en Texas, os Dillon Panthers. Os protas son o entrenador e a súa familia, os xogadores e as súas mozas. Si, parece chunga, pero dígovos que é unha boa serie de adolescentes, si señor, aínda que ten fases. A serie está baseada nunha peli que fixera antes o mesmo director, Peter Berg, 2004, titulada igual e cunha trama similar. Vina o outro día e tamén me gustou, pero o actor que fai de entrenador na serie (kyle chandler) dálle mil voltas a billy bob thorton na película. Agora acabo de revisitar ‘Un domingo calquera’, de Oliver Stone. E ultimamente vin varias recompilacións de xogadas, golpes e cousas de fútbol americano en YouTube (aquí hai unha boísima, aínda que a imaxe non ten moita calidade). Pero o caso é que aínda non vin un partido de verdade. Un paradigma do que pasa con case todo hoxe en día. Sabemos de todo pero en realidade non temos nin idea.

De todos os xeitos, os partidos televisados duran case catro horas, porque hai pausas seguido, os equipos cambian de campo dúas veces, e nos descanss póñenese a rezar e o míster bota un discursiño e tal.

black-towers.jpg

E veño de enterarme grazas á gran rede que na Coruña xa hai un equipo de fútbol americano!!! Son os Galicia Black Towers, e xa están xogando na liga portuguesa. Polo que leo por aí, o equipo naceu dunha mezcla duns tal Black Thunder de Teo e os Coruña Towers. Entrenan en Santiago e no campo da Torre. A equipación é negra coas letras en azul metálico, moi chula. Esta é a súa páxina web, e aquí esta o vídeo do seu primeiro partido en Portugal, non hai moito tempo, contra un equipo de Lisboa.

Tamén me entero por aí de que hai unha modalidade de football máis light, o flag, no que en vez de placaxes hai que tirar dunhas bandeirolas que levan colgadas os xogadores no traxe. Pode estar ben para empezar, pero a min o que molaría é xogar de verdade ao fútbol americano e poder derribar a un así a lo bestia, lanzarse a por el no aire, arrebolarse polo chan co balón, correr pola banda a toda hostia, enlamarme toda, facer os corrillos chovendo a chuzos, berrar as xogadas e celebrar os tantos en plan animal.

Jango&Smog

Recoméndovos unha páxina guai: jango.com

É unha radio online, desas que poñen música parecida á do artista ou do estilo que lle indiques, e podes ir personalizando as túas preferencias. Incluso podes escoller algunhas cancións, ver as letras, discografía, bios e vídeos dos grupos… Moi completa, gratis e sen publicidade. O caso é que está guai porque mezcla estilos e épocas e mola para coñecer cousas novas.

Hoxe, por exemplo, desde Tim Buckley levoume a un tal Smog, un destes cantautores domésticos que gravan na casa e iso. Gustoume. Aquí deixo un videclip seu:


E tamén dous ovos duros!!


Xa que me creo tan graciosa e chistosa, aí vai un cachiño dos irmáns Marx. O famoso camarote.

Chistes II - Especial escatoloxía

Logo do chiste inaugural, que tiña un toque filosófico, e en honor a Fátima, volvo cunha selección de chistes preas. Son boísimos. De feito, estoume escojonando mentres escribo, que pena que a risa dun non se note ao escribir.

—x—x—x—

Isto era unha bruxa tan prea, tan prea, tan prea que en vez de voar cunha escoba, voaba cao escobilla do váter.

—x—x—x—

Vai un ao médico e dille:

-Ui, vai haber que facer análises de orina, semen e feces.

-Vale, pois xa lle deixo aquí os gallumbos, que levo présa.

—x—x—x—

-Mamá, mamá. Os peidos pesan?

-Non, nena.

-Pois daquela cagueime

—x—x—x—

Están dous e un tírase un tremendo peido interminable. Xa non trompetero, senón máis ben tipo trombón. E dille o outro:

-Joé, vaia peido máis longo que te marcaches.

E contéstalle o autor intestinal do peido:

-Home, se fora ancho rompía o cu.

—x—x—x—

(Este non o entendo. Non entendo nada. Pero ten pinta de estar ben. Titúlase “La Mosca Comemierda”. Cópioo tal cual o vin por aí na rede.)

.

Esto era una mosca que le gustaba mucho comer mierda y tambien le gustaba mucho hablar,era una charlatana,ademas de gorda. Hasta que un día decidió ponerse a dieta.Consejo: Aunque te pongas a dieta vas a seguir siendo igual de fea.

 (???)

 —x—x—x—

(Este é o máis asqueroso de todos. É tan asqueroso que dubidei moito en poñelo. Pero a dúbida tampouco se nota ao escribir, así que case que paso de poñelo, e deixo o oco en branco, para que se note que dubidei)

.

 

—x—x—x—

(E por último, outro de moscas. Titúlase “La mosca educada”)

.

Están dúas moscas papando na merda, e vai unha e tírase un peido. A compañeira protesta:

-Eh, que estou comendo, tía.

—x—x—x—FIN—x—x—x—

Espero que vos gusten.E que vós non esteades comendo.Tamén deixo aquí unha oda ao peido e aquí un manual de boas prácticas para cagar en baños alleos. Moi útil.E para rematar, un pequeno fragmento dunha gran película, ‘O Odio’ (unha das miñas favoritas), un filme francés dos anos 90 que vai duns chavales dos suburbios de París que andan por aí rebotados con case todo. Hai un momento no que os protas coinciden nuns baños públicos cun tipiño que lles conta a apasionante historia de Brumbalski, un home que coñecera indo pa Siberia…

O conto non ten perda, e vén ao conto:

“NO HAY GUSTO MÁS DESCANSADO QUE EL DE DESPUÉS DE HABER CAGADO”

Os mellores romeriódromos de Galicia

image004.jpg

Estes días descubrín dous lugares perfectos para ir de romería, no sentido amplo do palabro (calquera actividade que teña un toque musical con moita xente e ao aire libre). O primeiro foi o parque de Castrelos, en Vigo. Non o coñecía, e que mellor ocasión que o concerto de Leonard Cohen. Facía un día precioso, e botamos a tarde e a noite sentados nas bancadas, que están moi preto do escenario, que son de acceso libre total e ademais teñen sombra. Aínda que acabamos co cú algo durecho (para a próxima levamos coxín), a verdade é que e un sitio flipante para facer concertos, e ademais de gratis!!! Merece un notable alto.

image002.jpg

O outro gran romeriódromo que descubrín foi o campo de Guísamo, onte, no festival folk no que, por certo, tocou Gwendal. É todo un souto cheo de árbores, algo tendido de lado a lado e coa mellor herba que recordo para sentar. Brandiña e quente, mmmm. E ademais tamén facía unha noite tremenda, a caña estaba fresquiña, a xente coñecida… mmmm….

Pero ten que haber máis romeriódromos. Ben deles.

Teño entendido que a carballeira de Zas, onde fan o festival todos os anos, tamén é unha pasada, como unha especie de anfiteatro natural. Nunca fun.

E na praza da Quintana, en Santiago, tamén teño ido a algún concerto e estar alí como dios, arriba nas escaleiras ou abaixo, á sombra da Berenguela.

E agora non se me ocorren máis, pero ten que haber, ten que haber…

p.d. a segunda foto, a de guísamo, está ‘prestada‘ de flickr. graciñas vichelocrego!

Marisol Paino

Marisol Paino

Hoxe toca deporte. Mellor dito, deportista: Marisol Paino, unha das mellores xogadoras do baloncesto de España.

É a que sae na foto voando.

Xogou no Celta desde o 76 até o 82, a época dourada do clube vigués. Nesas seis temporadas, gañou tres ligas e foi finalista nas outras tres. No partido de debut en Vigo meteu 20 puntos. No seguinte, anotou 37, e logo 24. Foi a máxima anotadora varias temporadas. E internacional vintepico veces. Seica tiña un tiro en suspensión tremendo e un xogo rompedor para o baloncesto da época. Din que era unha das mellores de España.

paino2.jpg

Pero o caso é que ela tivera un desarreglo hormonal ou algo así, e como tiña pinta de home e era unha crack, pois todo o mundo se empeñou en que se fixera os test de sexualidade. Bueno, todo o mundo non, porque malia o acoso de José María García e dalgúns directivos do baloncesto catalán, Marisol sempre tivo o apoio das compañeiras e da afición. Ela resistíase a pasar os controis hormonais, o que lle impedía xogar partidos oficiais coa selección. Creo que acabou tendo un follón legal co Celta, e que a federación sacou da manga unha norma para non deixarlle xogar nin sequera en segunda división, co Xuncas de Lugo, se non pasaba polo mullerómetro.

Total, que ao final non volveu xogar, retirouse no 85 e foise ao carallo a carreira dunha fenómena só porque unha máquina non puido demostrar que era unha muller.

EN SERIO NECESITAMOS MÁQUINAS PARA ISO?

Oín falar de Marisol Paino (por certo, é de Valladolid, pero creo que aínda está por Vigo entrenando) a conto da surafricana que vén de gañar os 800 en Berlín, Caster Semenya, e que é ’sospeitosa’ de ser home. Ou diso, ou de ir dopada. Eu diso non sei nada, pero sabedes a quen se me parece? a Jimi Hendrix. A que si?

caster-jimi.jpg

Outro porcerto: tracei este perfil de Marisol Paino (ou Pahino, ou Paíño, non está moi claro) cun lote de cousas que atopei en internet con permiso do código deontolóxico. Ah, tremenda a hemeroteca que ten online o diario ‘Mundo Deportivo’.

E xa que vai de basket feminino, aquí deixo o link do primeiro mate que se fixo na WNBA, a liga de mulleres dos EUA. Foi Lisa Leslie, en 2002, xogando en Los Angeles Sparks contra Miami. E aquí o de hai uns meses dunha rapaza no campeonato junior(!!!) de Canarias. E seguindo máis ou menos no mesmo nivel, aquí deixo a foto dun equipo que tamén pasará á historia.

p.d.–xa me dou eu misma a autobenvida ao meu blog myself.

Un chiste

Isto son dous pesimistas, e vai un e dille ao outro:

-”E se nos quitan o bailao?”

Son unha inculta

The squid and the whale

Logo do de ‘Los juncos salvajes‘, aquí vai a segunda entrega de fragmentos de películas. Esta vez o diálogo é de ‘Unha historia de Brooklyn’, unha peli de 2005 dun tal Noah Baumbach.Vai dun matrimonio de intelectuais de Nova Iorque que se divorcian. Os tíos, sobre todo el, un escritor chulito e frustrado interpretado por Jeff Bridges, son bastantes pedantes. Teñen dous fillos, que se adaptan como poden á separación: ao máis novo dálle por emborracharse e masturbarse na biblioteca do colexio, e ao máis vello, un post-adolescente, por plaxiar unha canción de Pink Floyd nun concurso de talentos así coma se ninguén fora notalo.

O fillo máis novo, de 12 ou 13 anos (tremenda interpretación de Owel Kline), empeza a mosquearse co rollo interesante que leva seu pai e como para picalo, dille que quere dedicarse ao tenis, como o seu monitor, Iván (William Baldwin), que é máis novo (y está más bueno) que papá. Pai e fillo teñen esta conversación entre punto e punto dunha competitiva partida de pin-pon:

Gustoume bastante esta peli. E este diálogo encantoume… eu tamén prefiro a incultura ao elitismo.

Por certo, que o título orixinal da peli en inglés é ‘The squid and the whale’, ou sexa, o calamar e a ballena, que seica pelexan moi duro, a muerte, cando se cruzan polos océanos do mundo, igual que o matrimonio da peli durante o divorcio. Parece ser que se teñen atopado ballenas por aí con cicatrices circulares darredor do seu corpo, marcas dalgún calamar xigante que se resistiu antes de acabar no buche.

Dúas clases de persoas

Un día escoitei que O MUNDO DIVÍDESE EN DÚAS CLASES DE PERSOAS: AS QUE CREN QUE O MUNDO SE DIVIDE EN DÚAS CLASES DE PERSOAS E AS QUE NON.

Eu prefiro pensar que son do segundo grupo, aínda que iso é unha contradicción, claro… jeje.. encántame os dilemas. En fin, a verdade e que, á parte do fútbol e a política, si que hai cousas, pequenos detalles da vida, que diferencian e definen ás persoas. Digamos que os humanos poderían dividirse en ligas e clubes de cousas cotidianas:

1.- A) Os que empezan a ler o periódico por diante B) Os que empezan pola contraportada.

2.- A) Os que comen a carne dos callos B) Os que só queren garbanzos.

3.- A) Os que toman aspirina B) Os de espirifren e outros combinados de ibuprofeno

4.-A) Os que din pisa (ou pitsa, máis ou menos) B) Os que din piza (con zeta de zapato, zudre e zacarías)

5.-A) Os que len no baño (cagada lenta) B) Os que non soportan que lles enfríe o cu (fast shit)

6.- A) Os que piden os cubatas de whisky B) Os que beben ron

7.- A) Os de ano tímido B) Os de mente aberta. É dicir, os que só cagan na casiña e os que non teñen reparos cando apreta.

8.- A) Os que gardan o pan de molde na nevera B) Os que non

9.- A) Os que cantan no coche B) De verdade hai alguén que non cante no coche? nin na ducha?

10.- A) Os que ven ‘Perdidos’ B) Os que non —sinto ser tan friki…—

Hai quen, co tempo que todo o cambia, muda de categoría. Pero nun momento determinado ou estás dun lado ou do outro.

Eu, por exemplo, son 1A, 2A, 3B, 4A, 5B, 6B, 7B, 8A, 9A, 10superA.

E vós?

Palestina

mohamad-torokman.jpg

Hoxe vin esta foto duns nenos palestinos xunto ao cadáver dun policía que morreu nun tiroteo en Cisjordania. O fotógrafo é un tal Mohamad Torokman. Non pretendo falar do que non sei, aínda que o faga continuamente. Só me pregunto como será vivir alí.

A foto é incrible, non podo deixar de mirala.

Cantos orificios hai no corpo humano?

Sen contar cos poros

O último

A última moda en música envolvente é o hang, un instrumento de percusión feito de metal, con pinta de ovni en miniatura e cheo de buratos. Boa parte da sona que está collendo o hang entre os percusionistas de todo o mundo débese á exclusividade da comercialización: inventárono dous artesáns da metalurxia en Suiza hai só 9 anos, e desde entón só eles o fabrican desde Berna, cunha especie de fórmula secreta e baixo demanda personalizada, porque cada hang ten a súa tonalidade. Con tanto misterio e norma que a lista de espera para conseguir un hang sexa dun ano, e que o xoguete custe case mil euriños.Seica os jipis e os místicos andan toliños por el, pobriños…


Como sexa, a verdade é que o hang ten un son bastante hipnótico, non me estranaría que o acabemos usando para comunicármonos cos extraterrestres.

It’s raining men

Imaxinade a 35.000 persoas caendo do ceo. Arteixo enteiro. E detrás deles, as súas lavadoras, os televisores, os teares de Inditex e as naves todas de Sabón. Pois algo así viron os veciños holandeses fai case 65 anos. Durante tres días de setembro de 1944 choveron soldados ‘aliados’ (británicos, americanos, polacos) sobre Holanda. Paracaídas e paracaídas. E logo suministros, avións e máis paracaídas. Foi a Operación Market Garden, o tinglao aéreo máis grande da historia. Querían machacar aos ‘nazis’ (alemáns) pero quedaron a medias. E total, acabaron gañando igual un ano despois. E logo veu o Plan Marshall, a Guerra Fría, caeu o muro, caeron as torres e aquí estamos.

35.000 homes saltando do ceo. Soa tan imposible como chegarlle ao cóbado coa lingua.

Por certo, a historia da operación Market Garden relátase no filme ‘Un puente lejano’. Acabo de velo e gustoume moito, e iso que case nunca me entero de nada no cine bélico. Sempre van todos con uniformes moi parecidos, verdes, e nunca sei de que equipo é cada un, nin onde está o río ou se manda máis o teniente ou o coronel. Pero esta peli gustoume e ademais ten un reparto curioso (Gene Hackman, Anthonhy Hopkins, Sean Connery, Robert Redford, Lawrence Olivier…)

Voces del siglo XXI

Uno de los temas recurrentes en Pi-Todo depende es Radio3. A ella le debo buena parte de mi amor por la música.

El secreto de la radio es que puedes escucharla mientras haces cualquier otra cosa: cocinar, trabajar, conducir. De hecho, la radio da mucha y muy buena compañía. Y es que la radio no requiere ojos. Sólo hay que escuchar. Y como ya dije en otra ocasión, la vista despista.

Al grano pues: Tampoco es nuevo que me gusta especialmente un programa de Radio3, llamado Siglo 21 y presentado y dirigido por Tomás Fernando Flores, que siempre empieza igual el programa: no dice hola, ni buenos días, sino “¿Qué pasa?” Realmente tampoco es que la música que ponen en siglo 21 sea de mi favorita, pero el caso es que me encanta cómo pincha las canciones, cómo montan las entrevistas (la preproducción de siglo21 se sale), me flipa la manera de hablar del presentador, me molan las cuñas y las secciones.

Entre estas secciones, destaca una ya mítica: el buzón de voz. Todos los días, los oyentes de siglo 21 pueden llamar al 913461021 mientras se emite el programa y dejar un mensaje, lo que quieran, en el contestador. Si tienen suerte, lo emiten al día siguiente. Y hay de todo. La gente se emociona y se abren debates enconadísimos sobre el machismo, la crisis o los macarrones con chorizo. Pero también ponen chorradas, gente cantando, divagando o diciéndoles a los polemistas que no polemicen y disfruten de la vida.

En fin, aquí os dejo una muestra del programa y del buzón de voz, del jueves pasado. Hablan de los derechos de los animales, de los pasos de cebra, los tomates, la semana santa…

Dura cinco minutos, buf un montón, pero en realidad sólo hay que escucharlo, no es necesario quedarse mirando al ordenador.