Archivos de la categora: Humanos

Marisol Paino

Hoxe toca deporte. Mellor dito, deportista: Marisol Paino, unha das mellores xogadoras do baloncesto de España.
É a que sae na foto voando.
Xogou no Celta desde o 76 até o 82, a época dourada do clube vigués. Nesas seis temporadas, gañou tres ligas e foi finalista nas outras tres. No partido de debut en Vigo meteu […]

Dúas clases de persoas

Un día escoitei que O MUNDO DIVÍDESE EN DÚAS CLASES DE PERSOAS: AS QUE CREN QUE O MUNDO SE DIVIDE EN DÚAS CLASES DE PERSOAS E AS QUE NON.
Eu prefiro pensar que son do segundo grupo, aínda que iso é unha contradicción, claro… jeje.. encántame os dilemas. En fin, a verdade e que, á parte […]

Palestina

Hoxe vin esta foto duns nenos palestinos xunto ao cadáver dun policía que morreu nun tiroteo en Cisjordania. O fotógrafo é un tal Mohamad Torokman. Non pretendo falar do que non sei, aínda que o faga continuamente. Só me pregunto como será vivir alí.
A foto é incrible, non podo deixar de mirala.

Cantos orificios hai no corpo humano?

Sen contar cos poros

It’s raining men

Imaxinade a 35.000 persoas caendo do ceo. Arteixo enteiro. E detrás deles, as súas lavadoras, os televisores, os teares de Inditex e as naves todas de Sabón. Pois algo así viron os veciños holandeses fai case 65 anos. Durante tres días de setembro de 1944 choveron soldados ‘aliados’ (británicos, americanos, polacos) sobre Holanda. Paracaídas e […]

sleevefaces

Hai xa tempo que descubrín isto dos sleevefaces, e mola. É unha destas modas modernas que se espallan polos ceros e uns de internet grazas ao tempo libre da xente que se aburre. O sleeveface (en inglés, “cara de portada”) consiste en facer unha foto de calquera cousa (normalmente, persoas) superpoñendo a portada dun disco […]

Historias de Bordel

Hai xa dous meses que escribín este post nuncapublicado. Creo que merece a pena convertilo nun porfinpublicado:
“Este fin de semana pasado foi curioso. Estiven nun par de acontecementos sociais en Abegondo, o meu novo concello. O primeiro foi o sábado á tarde en Bordel, unha aldea preciosa na que os veciños representaron […]

PJ Harvey

Aquí deixo un videoclip de PJ Harvey, ‘Man Size’. É de 1993, pouco despois de que esta tipa flipante empezara a gravar.A miña artista favorita, creo.

Dous en Benicassim

Unha das primeiras entradas deste blog falaba da conexión lorquiana entre Enrique Morente e Leonard Cohen. Unha conexión que atrapa a calquera. Pois quince anos despois de que empezara aquela movida, Cohen e Morente, Morente e Cohen, volvéronse xuntar en Benicassim, este domingo pasado. Seica non chegaron a tocar xuntos, pero tamén seica non defraudaron […]

Quen era o voso compañeiro?

Ben, aquí vai un exercicio de memoria e supoño que nostalxia tamén. Quen era o voso compañeiro de clase na escola, ou no instituto, na universidade ou se preferides, no curso de papiroflexia? Refírome ao compañeiro de mesa, que normalmente lle tocaba a un pola orde alfabética do apelido. Eu recordo a Alberto Meijide, íamos xuntos […]

Balas na neve

 
É tempo de neve. E o outro día, na barra dun bar, escoitei unha historia curiosa sobre a neve. Era a historia do biathlon, un deporte que se practica desde hai máis de 200 anos no norte de Europa e que é unha mezcla de esquí e tiro. En realidade non se practica como deporte […]

Quero ser elfo

 
O tempo. Iso é do que estamos feitos, iso é o que determina o que somos e o que facemos. Máis que o tempo, o tempo finito, é dicir, a mortalidade. A consciencia da morte fastídiao todo: obríganos a preocuparnos polo proveito da vida, a apurarnos por conseguir o que queremos, a confundir o concepto […]

Atletas ilustres

 
O domingo 28 fun a Compostela a desfrutar do deporte, que é un dos mellores inventos do home. Fun á carreira pedestre, a máis importante das que se celebran en Galicia e que este ano ía pola 30ª edición. Eu non corrín, pero o ano que vén espero facelo, porque ver a 6.000 persoas correndo […]

Guapos e feos

Estou de volta. Como Suso Maroto en Mareas Vivas. Como a regla despois do embarazo. Como os criollos toda a tarde. Para celebralo, aí vai unha teoría: Eu creo que non hai tantos fe@s no mundo, nin tantos guap@s. Pero, sobre todo, creo que non hai tantos feos. O que pasa é que falamos por […]

 
Hoxe vin Grizzly man, un documental sobre Timothy Treadwell, un rapaz que conviviu con osos pardos  durante 13 anos (en realidade, 13 veráns, porque o resto do ano os osos hibernan) até que precisamente un oso o comeu. Desde 1990 até 2003, Timothy Treadwell viaxou todos os veráns ao parque nacional de Katmai, en Alaska, […]

vodas, bautizos e comunións

Ando algo liada estes días con varios eventos socio-familiares. E como ademais ata eu acabo cansando de oírme/lerme, aproveito para darlle un respiro ao blog de min mesma e falar das pulsións neuronais doutra persoa: Lasse Gjertsen. Non o coñezo de nada, máis que de ver os seus vídeos en youtube, e parece un rapaz […]

A cuadratura do cuadrángulo

Atención pregunta: ¿Cal destes catro tiña seis dedos nunha man?
Resposta: non sei. Ou máis ben, que eu saiba, ningún deles. A pregunta era só unha tontería de presentación para captar a atención do lector. O que pretendo é falar destes catro pedazo de fenómenos:  Federico García Lorca, Leonard Cohen, Enrique Morente e Jeff Buckley. Pero non un por […]