Archivos de la categora: Ver

E tamén dous ovos duros!!

Xa que me creo tan graciosa e chistosa, aí vai un cachiño dos irmáns Marx. O famoso camarote.

Son unha inculta

Logo do de ‘Los juncos salvajes‘, aquí vai a segunda entrega de fragmentos de películas. Esta vez o diálogo é de ‘Unha historia de Brooklyn’, unha peli de 2005 dun tal Noah Baumbach.Vai dun matrimonio de intelectuais de Nova Iorque que se divorcian. Os tíos, sobre todo el, un escritor chulito e frustrado interpretado por […]

Palestina

Hoxe vin esta foto duns nenos palestinos xunto ao cadáver dun policía que morreu nun tiroteo en Cisjordania. O fotógrafo é un tal Mohamad Torokman. Non pretendo falar do que non sei, aínda que o faga continuamente. Só me pregunto como será vivir alí.
A foto é incrible, non podo deixar de mirala.

Cerdeiras en flor - Limiñón


O carballo e a xunqueira

Onte vin ‘Os xuncos salvaxes’, unha peli francesa moi premiada no seu día, ou no seu ano, 1994. Está ambientada en 1964, cando a guerra de independencia con Alxeria, e fala de catro rapaces que están no último ano do instituto e que, basicamente, empezan a facerse adultos, con sexo, responsabilidades, ideoloxías e sentimentos incluídos. […]

Habitación 23

Retomo a colección de vídeos musicais en branco e negro cunha montaxe machacona que fixo un tal okadokadokado con non sei que feixe de filmes antigos para ilustrar unha especie de mezcla, ‘on the run’, dun dj descoñecido coñecido como Shy fx.
Eu tampouco entendo nada, pero o vídeo está curioso.

PJ Harvey

Aquí deixo un videoclip de PJ Harvey, ‘Man Size’. É de 1993, pouco despois de que esta tipa flipante empezara a gravar.A miña artista favorita, creo.

Atilano, que grande

 Tiña un traballo que facer. Todos os martes. Envainarse o traxe de calcio e reventarlle o minuto de gloria ao pobriño de turno. Coa trompeta e o compiñeiro. Que grande, o Atilano do Supermartes. Surrealismo ou absurdismo ou divertidismo xenial na tvg. Pois din por aí que lle chamaban Atilano en honor a un profesor do […]

Branco e negro

O de falar de cousas que me gustan creo que en principio é boa idea. Unha delas son os videoclips, os bos videoclips. É un formato audiovisual case perfecto: breve, intenso, mogollón de heteroxéneo, versátil e no que cun pouco de imaxinación podes facer calquera cousa. E todo iso, con música. Ando ultimamente vendo algúns, […]

Hai que moverse, tío…

Non teño excusa. Só podo dicir que levei ao extremo a miña filosofía / manía / vicio, popularizada por Escarlata O’Hara, de “xa o farei / pensarei  / decidirei mañá”. En ‘Foise co vento’ quedaba moi ben, era unha boa frase final para a mala pécora de Escarlata. Pero o certo é que un blog […]

Fantasías

Hai un par de semanas, buscando wallpapers de Miyazaki (director xapones de pelis de animación moi premiadas como ‘O viaxe de Chihiro’, ‘A princesa Mononoke’…) para poñer de fondo da pantalla do ordenador din cunha nova película súa titulada ‘Gedo Senki’, algo asi coma “os contos de Gedo”. Buscando información sobre ela encontrei que estaba […]

Relatividade absoluta

Un blog. A miña última aventura. Espero que dure e que mole (máis ben ao revés, polo de causa-efecto), e que non sexa ‘progre’, nin podre, nin lúgubre. Que non teña nome. Que vaia e que veña, que me atrape e que non me importe, todo a un tempo. Espero que non faga mal.
Porque non […]