Archivos de la categora: Xogar

Pregúntalle a Dimitri

Hai algo que che preocupa?
Non che deixa durmir?
Queres saber que vai pasar?
Se necesitas axuda e consello,
pregúntalle a dimitri
A min axudoume con Perdidos…

Hut hut hut!

A miña última teima é o fútbol americano, ese no que os xogadores levan cascos tremendos, hombreiras tremendas, mallas e culi-pi-fora, e o balón ten forma de melón. Ese no que se dan unhas hostias flipantes. O da superbowl e a teta de janet jackson.
O deporte é unha mezcla de fútbol e rugby. Trátase de […]

E tamén dous ovos duros!!

Xa que me creo tan graciosa e chistosa, aí vai un cachiño dos irmáns Marx. O famoso camarote.

Chistes II - Especial escatoloxía

Logo do chiste inaugural, que tiña un toque filosófico, e en honor a Fátima, volvo cunha selección de chistes preas. Son boísimos. De feito, estoume escojonando mentres escribo, que pena que a risa dun non se note ao escribir.
—x—x—x—
Isto era unha bruxa tan prea, tan prea, tan prea que en vez de voar cunha escoba, […]

Os mellores romeriódromos de Galicia

Estes días descubrín dous lugares perfectos para ir de romería, no sentido amplo do palabro (calquera actividade que teña un toque musical con moita xente e ao aire libre). O primeiro foi o parque de Castrelos, en Vigo. Non o coñecía, e que mellor ocasión que o concerto de Leonard Cohen. Facía un día precioso, […]

Marisol Paino

Hoxe toca deporte. Mellor dito, deportista: Marisol Paino, unha das mellores xogadoras do baloncesto de España.
É a que sae na foto voando.
Xogou no Celta desde o 76 até o 82, a época dourada do clube vigués. Nesas seis temporadas, gañou tres ligas e foi finalista nas outras tres. No partido de debut en Vigo meteu […]

Un chiste

Isto son dous pesimistas, e vai un e dille ao outro:
-”E se nos quitan o bailao?”

Dúas clases de persoas

Un día escoitei que O MUNDO DIVÍDESE EN DÚAS CLASES DE PERSOAS: AS QUE CREN QUE O MUNDO SE DIVIDE EN DÚAS CLASES DE PERSOAS E AS QUE NON.
Eu prefiro pensar que son do segundo grupo, aínda que iso é unha contradicción, claro… jeje.. encántame os dilemas. En fin, a verdade e que, á parte […]

Cantos orificios hai no corpo humano?

Sen contar cos poros

sleevefaces

Hai xa tempo que descubrín isto dos sleevefaces, e mola. É unha destas modas modernas que se espallan polos ceros e uns de internet grazas ao tempo libre da xente que se aburre. O sleeveface (en inglés, “cara de portada”) consiste en facer unha foto de calquera cousa (normalmente, persoas) superpoñendo a portada dun disco […]

Premios Symbelmine

Hai pouco recibín un premio, do que estou moi orgullosa. É o premio Symbelmine, no que os blogueiros do mundo escollen os seus blogs favoritos. É unha desas cousas virais que se levan tanto na rede, e nas que son os propios internautas os que espallan a información polo seu entorno virtual. […]

Regreso con-verso

Ahí, ahí estaba yo
cantando re en vez de do
más atontada que un troll
y sin hacer caso al blog
“No tengo tiempo, estoy que grieto
voy a tener que tomarme un asueto”
… Sólo sabía lamentos
Pero una vez en internet
me guié hasta una web
mejor que la crep del gran chef:
¡¡¡Un diccionario de rimas!!!
Casi me convierto en enzima
y provoco un […]

I have a dream

Esta noite soñei unha cousa estraña. Estaba (mos. Recordo que estaba con xente coñecida, pero non recordo con quen) no festival de Ortigueira, no pinar, onde as tendas de campaña. Mirei para arriba, o ceo estaba nublado, e vin un satélite de Hispasat demasiado cerca. Bueno, agora que o penso eran dúas ou tres parabólicas […]

A polo ghit

E non vai ser todo música de fóra, que é que a tiranía da industria cultural é moita tiranía…
Xa está en marcha a segunda edición de A-polo-ghit, o concurso de vieiros e radio galega para escoller a canción do verán da música galega. Hai 82 temas para escoitar e votar, están todos nesta páxina, con descricións […]

PIscis

Eu son Piscis. PIscis PIscis. Dos de verdade. E non todo o mundo pode dicir o mesmo do seu signo do zodiaco eh… Todo por culpa dos que discurriron o do horóscopo, que non foron nada detallistas. E agora a ver se me dou explicado, que o conto ten miga.
A principios do século XX os […]

Os indiespensables da música española

Este venres, catro de xullo, disque é o día da música independente. En radio 3 celébrano cunha votación para escoller os ‘indiespensables’ da música española. Creo que se pode votar até hoxe, e logo que van editar un disco coas cancións gañadoras. Pero aparte diso é moi interesante ver as recomendacións que ven os locutores; […]

Chapeando

Como moitos sabedes, este sábado comezou unha aventura que a saber como acaba. Como sempre quixen ser jipi, puxemos un posto de chapas, broches e pulseiras no mercadillo que se vén facendo no Orzán o primeiro sábado de mes. Pasámolo pipa, deunos o aire e ademais non houbo queixa coas vendas. Que repetiremos, vaia.
Estaba eu deseñando unha […]

Quen era o voso compañeiro?

Ben, aquí vai un exercicio de memoria e supoño que nostalxia tamén. Quen era o voso compañeiro de clase na escola, ou no instituto, na universidade ou se preferides, no curso de papiroflexia? Refírome ao compañeiro de mesa, que normalmente lle tocaba a un pola orde alfabética do apelido. Eu recordo a Alberto Meijide, íamos xuntos […]

Toporrimia

Propoño unha colección de ditos populares relacionados con lugares, preferentemente de por aquí á volta. Aí van un par deles:
-En Carral, nin ben nin mal. Por Altamira, pasa de día. E en Sigrás, non mires atrás.
-En Ares, non te pares. En Redes, non te quedes. E en Camouco, tampouco.
-Hai unha seica, que leva o de […]

A xogar ás películas

Xa vai tocando unha ración de xogo, que isto está de capa caída. Vou experimentar co de xogar ás películas por internet. Vou dicir unha palabra clave dalgo ou alguén que sae ou está relacionao coa peli que escollín. A primeira é bastante fácil, e a peli é un clásico así que supoño que a […]