Cerdeiras en flor - Limiñón
O carballo e a xunqueira
Onte vin ‘Os xuncos salvaxes’, unha peli francesa moi premiada no seu día, ou no seu ano, 1994. Está ambientada en 1964, cando a guerra de independencia con Alxeria, e fala de catro rapaces que están no último ano do instituto e que, basicamente, empezan a facerse adultos, con sexo, responsabilidades, ideoloxías e sentimentos incluídos.
O título do filme vén dunha fábula de Jean de la Fontaine, a fábula do carballo e a xunqueira. Neste conto, o carballo, moi chulito el, compadécese dos xuncos por seren tan pequenos e esmirriados que mesmo unha bolboreta os dobra, tan pouca cousa comparados coa imponencia da madeira centenaria. Pero despois vén un temporal tremendo, peor que o hortensia e o klaus xuntos, e mentres a xunqueira aguanta os embates do vento do nordés, o carballo engreído parte en dous.
Os rapaces da película son coma eses xuncos: sensibles a todo, cagados polo que poida pasar, descolocados polas experiencias novas: o descubrimento da (homo)sexualidade, a morte de familiares, o fracaso escolar, as novas amizades, a conciencia da guerra, o incertidume polo futuro… pero aínda así, malia todo, seguen enteiros, mirando cara adiante, felices cun simple chapuzón no río, aprendendo de todo en vez tronzar con gravidade como fan os maiores.
A forza da xuventude, a adaptabilidade que ten a xente nova, é algo que admiro moitísimo e que me gusta sentir de vez en cando. É como ser invencible, é un pulo de curiosidade, é ter ganas de máis. É sentir algo a tope, incluso algo chungo, e sentilo en todas as súas posibilidades e con todas as consecuencias. É un marrón ao revés. É non ter medo do medo. NON É CAER, É REBOTAR.
Como vedes, gustoume moito esa película. Aquí deixo un fragmento, unha frase da protagonista, Maite, unha rapaza comunista á que lle pesa a xuventude e só quere facerse maior.
Este post estame quedando moi ao estilo de Las Erinias, e como sei que a Sonia lle mola todo o que vén do Xapón, engado ás miñas recomendacións unha novela, ‘Sputnik, mi amor’, que tamén lin estes días. É de Haruki Murakami, o escritor xaponés máis coñecido no mundo enteiro hoxe en día, seica. Conta a historia de tres persoas que se enamoran entre si: unha novelista en potencia cun punto underground e antisocial, o seu amigo máis íntimo, e unha executiva coreana que importa viños de Europa. A novela tamén ten, claro, algunhas referencias a proverbios e fábulas famosas.
Habitación 23
si que houbo debate
Ei se queda alguén por aí ao que lle interese a política, algún bicho raro ao que realmente lle jodeu que non houbera debate electoral entre Touriño, Feijóo e Quintana na TVG, teño boas noticias: si que houbo debate. Si, si, na radio galega… e moi coñero ademais, porque falaron de sexo, do Celta… Escoitádeo aquí. Ou no reprodutor de abaixo, se é que se anima a funcionar.
Isto é ‘Estamos en krise’, un programa de humor na radio galega que acabo de descubrir e que me fixo moita gracia. Bótano os venres de madrugada.Aaaai co que está cambiando o mundo, con avoas blogueiras, orgasmos universais e merdas de vaca que regalan coches, e a política segue no medievo cambiando cartiños por votos…
para non deitarse hoxe sen saber unha cousa máis
A culpa tena un explorador holandés, Abel Tasman, que foi o que descubriu as illas de Nueva Zelanda en 1642. E como hai unha rexión holandesa, e xa a había daquela, que se chama Zelanda (en holandés, “tierra del mar”) e é como unha illa porque está case rodeada de auga, pois o tío púxolle ao archipiélago descuberto en Oceanía “Nueva Zelanda”
En Nueva Zelanda hai 43 millóns de ovellas por catro millóns de persoas. A industria do cordeiro é moito alí.
Ah, e alí está de moda poñerlles nomes rarísimos aos nenos, así que o Goberno sacou unha lei para prohibir nomes ofensivos ou de máis de 100 caracteres. A polémica saltou cando lle puxeron a unha nena “Talula fai o hula de Hawai”; quitáronlle a custodia aos pais e todo
A viñeta, de Liniers, está copiada de doydoy.
postrelato
No programa ‘El Postre‘ de radio 3, que me encanta, teñen unha sección chulísima, similar ao que fai Sonia en Las Erinias e noutros sitios tamén. Eles propoñen o principo dunha historia e os oíntes teñen que continuala. O caso é que o ‘postrelato’ desta semana estaba retorcido: non había que poñerlle final ao conto, senón principio. Había que facer un relato que rematase coa frase “Cuando despertó, el dinosaurio todavía estaba allí…” En realidade isto non é unha frase, senón un conto en si mesmo, un dos máis curtos da historia da literatura, escrito por Augusto Monterroso, un escritor de Guatemala que se especializou nos relatos hiperbreves.
En fin, que como me gusta o programa e me gustou o conto de Monterroso animeime a participar. Aquí está o meu postrelato, a ver se vos gusta. Podedes ler os que fixeron outros radioíntes aquí, no blog do programa. E creo que hoxe pola noite ( o programa emítese de 23.00 a 00.30) lerán algúns.
<
<
Llegaba tarde, otra vez. Todos sus compañeros estaban ya en las mesas, observándole mientras cruzaba la oficina, con las cabezas asomadas sobre los ordenadores. Se sentó en su sitio, la ventanilla del fondo, aunque el banco estaba cerrado al público. Últimamente había mucho trabajo y al menos una vez a la semana tenían que hacer el papeleo por la tarde. Era principio de mes, así que había nóminas, pensiones y préstamos que revisar. Sólo mantuvo un breve charla sobre cine en la que, debido a un mal cálculo, coincidió en la máquina de café. Cuando dieron las ocho, recogió los expedientes y tiró a la papelera la hoja que había llenado con garabatos y letras. Se despidió de Lucas y se fue.
Decidió ir a la pastelería. No tenía ganas de hablar , y mucho menos de soportar las simplezas de aquella mujer, la dueña del negocio, pero le apetecía una tartaleta de manzana. Además, pensó que a lo mejor tenía suerte y no estaba ella, sino su marido. Cuando entró, no había nadie tras el mostrador. Carraspeó para que le oyeran, y cruzó los dedos mientras escuchaba a alguien acercarse desde el horno. Al verla que era ella, se sintió viejo y defraudado.
-Qué, ¿cómo va la crisis? ¿Muchos morosos?
-Pues… tirando. Una tartaleta de manzana, por favor –dijo rápido y frío. No le importaba ser maleducado. Quería dejar claro que no estaba de humor para conversaciones retóricas, pero ella insistió.
-¿Y este que mató a sus hijos y se suicidó por las deudas? –Dijo la pastelera girándose hacia él y agarrando la tartaleta con unas pinzas– Hombre, por muy mal que estés, matar a tu familia es muy fuerte. La gente pierde la cabeza…
-Sí, la verdad, es una pena. Bueno, gracias. Adiós
Se comió el dulce en apenas tres bocados, caminando. Fue al supermercado a comprar unas cervezas para la partida del sábado y algo de comida. Al salir, se paró frente a la frutería del otro lado de la calle. Un a señora encorvada apuntaba con el dedo hacia el fondo del mostrador, señalando a la tendera las manzanas más maduras. Se preguntó por qué él nunca iba a aquella frutería, ni a la pescadería de al lado, y por qué seguía comprando la ropa en grandes almacenes y cadenas multinacionales.
De camino a casa, en el coche, comenzó una de esas tertulias radiofónicas sobre la actualidad. Enseguida cambió de emisora. Hacía tiempo que evitaba los informativos y, sobre todo, las tertulias. No podía soportar la vehemencia con la que los opinadores defendían su opinión, ni el gravísimo sentido de la moralidad de sus rotundidades. Él prefería las radios musicales, donde ponen canciones y hablan de los músicos y de la vida.
Cuando llegó, Eva ya estaba en la cama, dormida, aunque había dejado la luz de la habitación encendida. El ruido de la nevera, las cervezas y la televisión la despertó.
-Ey –dijo ella desde la habitación.
-Hola.
-¿No vienes a dormir?
-Si, me fumo un cigarro y voy.
-Bueno. Apaga la luz, anda.
Después de más de media hora de teletienda, consiguió apagar la televisión. Tardó otra hora en levantarse del sofá, ir al baño y luego a la habitación. Cuando entró, Eva se había destapado mientras dormía y tenía los hombros al descubierto. Se le veía el tatuaje. Él odiaba aquel tatuaje. Eva se lo había hecho antes de conocerle, cuando salía con un paleontólogo muy místico al que seguía viendo de vez en cuando.
Al principio, le resultaba original y gracioso. Incluso presumía de que su novia tenía un braquiosaurio tatuado en la espalda. Ahora, lo veía como algo vulgar y ridículo, impropio de su pareja. Y cuando trataba de convencerse de que todavía la quería, aquel estúpido dinosaurio le recordaba cada noche que ni Eva, ni nada, merecía la pena.
Apagó la luz y encendió la radio. Se quedó dormido escuchando una canción sobre un hombre que quería volver al pasado. Le pedía a la madera que volviera a ser árbol, y a los hombres, que fueran niños otra vez.
Cuando se despertó, el dinosaurio todavía estaba allí.
sleevefaces
Hai xa tempo que descubrín isto dos sleevefaces, e mola. É unha destas modas modernas que se espallan polos ceros e uns de internet grazas ao tempo libre da xente que se aburre. O sleeveface (en inglés, “cara de portada”) consiste en facer unha foto de calquera cousa (normalmente, persoas) superpoñendo a portada dun disco ou dun cedé. Crear un continum entre o disco e o que non é o disco. Facer como nas pelis nas que o espectador se mete na ficción e se convirte en protagonista. En fin, un metarollo.
Hai moitísimos exemplos de sleevefaces pola rede adiante, algúns moi currados e graciosos. Os que puxen arriba están sacados de sleevefaces.com, pero hai moitas outras webs e blogs con coleccións de sleevefaces. En canto arregle a miña cámara fago un con algún disco meu e colgo a foto, prometido. E se vos animades, mandáme os vosos a pmera@laopinioncoruna.net e tamén os publico.
Premios Symbelmine
Hai pouco recibín un premio, do que estou moi orgullosa. É o premio Symbelmine, no que os blogueiros do mundo escollen os seus blogs favoritos. É unha desas cousas virais que se levan tanto na rede, e nas que son os propios internautas os que espallan a información polo seu entorno virtual. Se non entendín mal, o premio Symbelmine consiste en que o autor dun blog pode escoller os seus sete blogs favoritos na rede, aínda que creo non hai clasificación nin nada diso. Se alguén é seleccionado para o premio, como me sucedeu a min co pi-todo depende, escollido por Las Erinias (moitas grazas, sonia!), debe elixir outros sete blogs diferentes e facelo saber con comentarios nos diarios premiados, para asegurarse a reproducción, como fan as flores co polen e as abejas e todo o rollo do equilibrio natural.
Teño que recoñecer que non estou eu moi posta en blogs alleos, pero si que hai algúns que me gusta visitar habitualmente. Así que, ademais de Las Erinias, estes son os meus premiados co Symbelmine, que por certo é a flor que nace nas tumbas dos reis da Terra Media (El Señor de los Anillos):
-Aquí mando yo, un blog de televisión ideal para polemistas audiovisuais.
-A Foco lento, refuxio dos fotógrafos de La Opinión despois dunha dura xornada de traballo.
-Mmmm, un blog da poeta galega Estibaliz Espinosa. Non me acordo como din con el, pero gustoume.
-O refraneiro. Tiven a mala sorte de coñecelo case dous meses despois de que pechase temporalmente. Pero aínda fechado vale a pena botarlle unha ollada á colección de falares, refráns, costumes ou cancións da cultura galega que se van perdendo co tempo. Fermoso blog
-Tipika. É dunha ilustradora ourensá. Non o coñecía para nada, pero recomendoumo o misterioso comentarista papo-rubio. Para que vexades como valoro eu a participación dos que pasan por este blog.
E xa estou seca, así que creo que me vou quedar en cinco premiados, polo menos de momento, que agora teño présa e gañas de perder de vista este ordenador.
Regreso con-verso
Ahí, ahí estaba yo
cantando re en vez de do
más atontada que un troll
y sin hacer caso al blog
“No tengo tiempo, estoy que grieto
voy a tener que tomarme un asueto”
… Sólo sabía lamentos
Pero una vez en internet
me guié hasta una web
mejor que la crep del gran chef:
¡¡¡Un diccionario de rimas!!!
Casi me convierto en enzima
y provoco un microclima
al ver esta página opima
que reconstruyó mi estima
Decidí hacer una poesía
que sepa a ambrosía
y con afán de amnistía
Esta es, pues, mi res
no hace bu, ni mu, ni ju
pero la escribo para vos
y me quedo como dios
Historias de Bordel
Hai xa dous meses que escribín este post nuncapublicado. Creo que merece a pena convertilo nun porfinpublicado:
“Este fin de semana pasado foi curioso. Estiven nun par de acontecementos sociais en Abegondo, o meu novo concello. O primeiro foi o sábado á tarde en Bordel, unha aldea preciosa na que os veciños representaron unha historia que ocorreu alí mesmo hai máis de 800 anos: a batalla contra os mouros polo tributo das cen doncelas. Seica no século XII os mouros que andaban polas Mariñas obrigaban os paisanos a entregarlles cada ano cen mulleres do lugar. Cada familia que tivese máis dunha filla tiña que entregarlle unha ao califa. Ás da zona de Betanzos e Abegondo tíñanas retidas no pazo de Bordel, que aínda se conserva hoxe a medio restaurar e foi onde se representou a obra de teatro. Pois resulta que uns veciños rebeldes do Bordel medieval, compinchados con outros de Betanzos, armaron un plan para atacar os mouros e conseguiron liberar as mulleres das torres do pazo. Enfrentáronse aos árabes con pólas de figueira, e por iso hoxe hai un lugar alí que se chama Figueroa. Uns trinta ou corenta bordelianos representaron o sábado estes acontecementos, nunha obra breve pero intensa, con moito público e escenarios flotantes: do pazo á taberna improvisada onde se fragou o ataque á caron duns buxos centenarios, e dalí aos eucaliptos xigantes (e tamén centenarios) onde os mouros ataran ás mozas. E logo de todo isto, festa: había bochinche, gaiteiros, postos de artesanía, café de pota, castañas asadas, empanada e xamón asado gratis. Unha birguería. E por se fora pouco, tiven ocasión de visitar a taberna de Chucho, un lugar mítico de Bordel, o exemplo extremo de tantas outras tabernas-ultramarino de aldea. O local dá para un post enteiriño, ou mesmo para un blog, pero agora só podo recordar os tres calendarios con fotos de mulleres espidas e a catro patas colgados frente á barra. Se cadra algún bordeliano se anima a contar algunha das historias da de Chucho.”
p.d.-Do segundo acontecemento, a tal hora, non me acordo.
p.d.2-Ah, si: aquel domingo foi a romería de Sarandóns. Tamén merece un comentario aparte. Outro día, ou outro ano.
I have a dream
Esta noite soñei unha cousa estraña. Estaba (mos. Recordo que estaba con xente coñecida, pero non recordo con quen) no festival de Ortigueira, no pinar, onde as tendas de campaña. Mirei para arriba, o ceo estaba nublado, e vin un satélite de Hispasat demasiado cerca. Bueno, agora que o penso eran dúas ou tres parabólicas unidas nunha superestrutura, e tiñan o logo de Hispasat impreso, iso si. En fin, estou segura de que o meu subconsciente quería que pensara que era un satélite. O caso é que estaba demasiado cerca, cada vez máis. O resto dos ortigueirianos tamén o notaron e todo o mundo empezou a berrar cando viron aquela cousa a punto de espetarse contra nós. ‘Que ven un satélite!! Ai, que vai caer aquí!!! ahhhhhhhh’, dicían todos. Pero no último momento o satélite cambiou de traxectoria sen disimulo ningún, como perdonándonos a vida, e foise estrellar ao lonxe, máis aló dos piñeiros. Con explosión, lume e fume e todo. E alí quedamos todos, coas mans de visera, de puntillas e mirando para o horizonte escarallado. E eu, intrépida, pedinlle prestrado a un piesnegros un móbil con cámara de moitos megapíxeles, para capturar o momento e mandalo rauda a LA OPINIÓN. Nese momento, algo me despertou. Que pena, había ser unha boa exclusiva
La vi correr… llegaba tarde a clase
O outro día escoitei en radio tres [viva radio tres!!] unha especie de columna musical, unha sección no programa ‘El Postre’, de noite. O locutor tiña unha voz chulísima e falaba alto pero en baixo. O tío, non me enterei aínda de como se chama, fixo unha selección de Música Para Cintas De Casete. Puxo unha canción de Jefferson Airplane, outra de Bob Dylan, outra de Janis Joplin (a de ‘Mercedes Benz’ cantada a capela, a última canción que gravou, fliiipante) e outra dos Doors.
En cantas cintas de casete no mundo non estará gravada Janis Joplin? Ou Bob Dylan, ou os Doors? E cantos finais de cancións se perderían porque se acababa a cara? Eu aínda gardo unha boa colección de cintas, algunhas teñen dado moitas voltas de nuestro señor. Podería falar de moitas, pero destacaría unha que perdín e que é mitiquísima para o meu imaxinario familiar: unha do grupo Tenesse que escoitábamos seguido Inés e eu para a tortura de meus irmáns. Dios que recordos.
Que cintas recordades vós?
Demasiado para min
Hai unha especie de mariposas, as cicadas, que pasan 17 anos na larva até que saen e desfrutan da vida.
En Pena Trevinca, en Ourense, hai un teixedal con arbustos milenarios, que xa estaban aí cando se puxo a primeira pedra da catedral de Compostela.
No mundo viven seis mil millóns de persoas coma min.
Julia Roberts é ortoréxica.
Algunhas estrelas que vemos pola noite en realidade non existen, apagáronse hai moitos anos.
Agora estou, agora podo non estar
Para ser feliz…
Aínda buscando o gran secreto da vida? Farto de insatisfacción? Cabreado co teu blogger favorito?
Pois tranqui, tronqui, que para ser feliz só fan falta unhas poucas cousiñas…
PJ Harvey
Aquí deixo un videoclip de PJ Harvey, ‘Man Size’. É de 1993, pouco despois de que esta tipa flipante empezara a gravar.A miña artista favorita, creo.
Saliva á cedeiresa
Limiñón é a última parada no meu percorrido por lugares do mundo. Así que hoxe vou falar da primeira, que ven sendo o sitio de onde son, onde nacín: Cedeira. Sempre me fago un lío para explicar de onde son. Pero si, son de Cedeira.
Pois aí van algunhas das comidas típicas de Cedeira.
-Empanada de raia: vai destapada, cos filetes de raia postos enteiros e estendidos sobre a masa, co cartílago e todo, e solta un aceitiño colorado… está boísima. Fai moitísimo tempo que non a como
-Pastelón de congrio: O pastelón é a empanada típica de Cedeira, feita con masa de hojaldre e bastante grasa. O de congrio está espectacular.
-Eses: son como galletas xigantes de anís, tipo pasta, con forma de ese (a letra).
-Percebes, claro.
-Rape con guisantes: rebozado e con salsiña verde e pataquiñas (en panadera, creo que se di). Tira do pan.
-Requeixo: tómase moito requeixo por alí.
P.D.-Agradécense, coma sempre, os comentarios. Suxiro un atlas gastronómico dos visitantes deste blog
Oda a Limiñón
Membrillo de repinaldo
Xenocidio de mosquitos
Delicias de queixo
A tele pequena, a silla verde, o alargador
Coche sen chave, guitarra con caixón
Picnic, tricky, scrabble
24
21 noces, 4 litros de augardente, 2 quilos de azúcar, 21 días: licor de noces
135 centímetros de cama
O gato come os callos queimados no taper de mamá ao baño maría
A porta de diante non abre cando quenta o sol ao mediodía
A sábana escapa da esquina do colchón
Pita o panadeiro silba o conxelador a ventana bate
Chirrían as rodas estrujadas contra as pedras no camionero
Veu o frío
Atilano, que grande
Tiña un traballo que facer. Todos os martes. Envainarse o traxe de calcio e reventarlle o minuto de gloria ao pobriño de turno. Coa trompeta e o compiñeiro. Que grande, o Atilano do Supermartes. Surrealismo ou absurdismo ou divertidismo xenial na tvg. Pois din por aí que lle chamaban Atilano en honor a un profesor do colexio compostelán Peleteiro (un correccional para incorrixibles) que era algo cabroncete. Agradécense confirmacións amables e desmentidos insultantes a este bulo sen rigor.De calquera xeito, falando de televisión, recomendo desde aquí participar nunha nova andaina blogueira dunha experta no medio: Aquí mando yo
rrrrregreso
A cambio do meu retraso crónico vouvos deleitar cun batiburrillo de cousas, un cocktail tropical, un prebe de paridas, unha revista, un magazine. Para que vexades o ocupada que estiven neste enésimo parón blogueiro. Malo será que non haxa algo que non mereza o voso perdón.>>Descubrín en Ordes a Los Coronas, un grupo de surf-rock (ou rock-surf non sei) que seica son bastante míticos e que me molaron mogollón. Fixeron bailar a saco a case todos os que andabamos polo festival Brincadeira, que estaba montado a lo grande, con dous días de concertos e grupos como Krakovia, Amparanoia ou Che Sudaka. Tan alogrande que mesmo había un camión de telepizza para o bajoneti das 02.30, flípalo. >>Engancheime á serie ‘24′ (pode haber alguén máis estresado que Jack Bauer?) e ‘Doctor en Alaska’ (pode haber algún personaxe nesa serie que non mereza a pena?). E xa non vexo a televisión. >>Recoméndovos para pasar un bo rato cos coleguis a páxina Los Icos. Ten varios xogos sobre series, anuncios e programas míticos (1) da televisión. Por exemplo, un consiste en adiviñar a serie escoitando só tres segundos da sintonía. >>Tamén pode ser divertido poñer en google unha data, escrita entre comiñas, e ver o que sucedeu ese día polo mundo adiante. Eu acabo de enterarme de que o día que nacín eu, ademáis dun lote de convenios internacionais e outras trapalladas, o Exército de Guatemala matou a 300 civiles nunha aldea, San Martín Jilopeteque, supostamente por axudar aos guerrilleiros, aínda que a maioría eran familias que viñan doutros lugares fuxindo da guerra. Calcúlase 200.000 persoas morreron e 1,5 millóns fuxiron durante a guerra interna de Guatemala, que durou máis de 30 anos. O 42% da poboación de Gutemala é indíxena, descendentes dos maias. >>Grogui en inglés tamén se di ‘groggy’. Que cousas. >>E moito máis moito menos apasionante. (1)Esta palabra merece un debate blogueiro. Proximamente en Tododepende**teño un problema cos intros (cos intrometidos, tamén)
Dous en Benicassim
Unha das primeiras entradas deste blog falaba da conexión lorquiana entre Enrique Morente e Leonard Cohen. Unha conexión que atrapa a calquera. Pois quince anos despois de que empezara aquela movida, Cohen e Morente, Morente e Cohen, volvéronse xuntar en Benicassim, este domingo pasado. Seica non chegaron a tocar xuntos, pero tamén seica non defraudaron cos seus respectivos concertos, o de Cohen cos seus temas clásicos e o de Morente, co repertorio do ‘Omega’.
Aquí hai unha boa crónica de Lino Portela en El País sobre esta historia e a súa prehistoria, e a foto que a acompaña, de Ángel Sánchez.



