Noticias: Presentación do libro de poemas da avoa Sara
A avoa Sara presenta o seu libro de poemas no Centro da Terceira Idade de Cambre o día 12 de Xuño ás oito da tarde. Na presentación do libro estarán presentes a protagonista deste blog, a concelleira de cultura do Concello de Cambre e por suposto están invitados todos aqueles que queiran asistir ó devandito acontecemento social.
Agradecementos ó Concello de Cambre e en particular á súa concelleira de cultura polas suas xestións para conseguir a publicación do devandito libro e o sono desta blogueira.
Como non podería ser doutra forma o noso mais sincero agradecemento a todos os lectores e seguidores deste blog xa que sin eles esto nunca se podería ter conseguido.
Grazas!