As bicis son para os pobres ou para os ricos?


bici e traxe

Tradicionalmente considérase á bici como un medio de transporte barato, pouco sofisticado, propio da xente que non pode permitirse usar un coche. Pero recentes estudos en diferentes países revelan que as bicis non son xa dos pobres, senón dos ricos.

A xente con mais cartos ve na bici un medio de transporte eficaz, san e non contaminante, están ben informados e se preocupan tanto da súa propia saúde como do mundo que lles rodea. Por contra, a xente de menores ingresos, a pesar de ter cinco veces menos probabilidade de acceder aun coche, é moi improbable que consideren a bici como unha solución ás súas necesidades de mobilidade.

As explicacións poden vir polo nivel cultural, polos modelos nos que nos fixamos, pola seguridade o inseguridade da posición social propia, etc.

En países como Inglaterra fálase de explicar ás clases menos favorecidas das avantaxas da bici, asi como de contrarrestar o poder publicitario do sector do automóbil que segue tratando de relacionar status social e vehículo motorizado.

Esperemos que xa ninguén considere que as bicis son para os pobres … nin para os ricos … As bicis non entenden de clases sociais, son de tod@s.

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Other Posts
Aviso aos comerciantes e industriais de bicicletas
Masa Crítica Coruña Business

Write a Comment

Take a moment to comment and tell us what you think. Some basic HTML is allowed for formatting.

Reader Comments

Machinho!!!

Pero ti viches os prezos dunha boa bici?

As bicis sonche para os ricos!!!

O prezo das boas bicis é un mito. Por poucos cartos podes mercar unha bici bastante decente. Tamén hai moi boas bicis de segunda man moi asequibles.

Claro, se cres que necesitas o último modelo en titanio ou con cuádruple suspensión… pero é como quen di que os bos violíns están carísimos porque só lle vale un Straudivarius.

Por outro lado, quen ten un coche que vale 20 ou 30 veces mais que unha bici non creo que diga que sexa cara.

En calqueira caso non está de mais o crear dalgún modo a posibilidade para que quen realmente non poida chegar a adquirir unha bicicleta poda dispoñer dela.