Fin de semana cicloturista na Limia
This post is available in castellano and galego.

Os días 5 e 6 de xullo, Verdegaia organiza un fin de semana en bicicleta pola comarca da Limia. Ao longo da fin de semana achegarémonos tanto á faciana natural como á etnográfica desta zona. O percorrido inclúe visitas á Lagoa de Antela, o museo etnográfico de Vilar de Santos, o mosteiro de Trandeiras, á Carballa de Saínza, a aldea de Couso, a canle da Limia, a fervenza do río Férveda, a Torre da Porqueira e outros lugares de sinalado interese.
O roteiro é factíbel para todo tipo de persoas ao seren distancias moderadas sen ningunha pendente. Especialmente recomendábel para familias con nen@s en trasportín.
Datas: 5-6 de xullo
Custo: 0 €
Durmida: O Concello de Xinzo da Limia cedeu o uso do Pavillón Polideportivo para durmir a noite do sábado, onde teremos posibilidade de asearnos e gardar con seguranza as bicicletas. Tamén hai posibilidade de aloxarse en hostais que correrían por conta da persoa.
Almorzo/xantar/cea: Serán por conta dos participantes. Os xantares faranse en rota. Hai posiblidade de concertar unha cea conxunta para o sábado en función do nº de participantes.
Transporte ate A Limia: Dependendo do lugar de saída dos e das participantes, buscarase a posibilidade de xestionar un autobús con remolque.
Que preciso: Bicicleta, saco de durmir, alforxa ou semellante e esteriña.
No documento en pdf tedes toda a información. Para anotarse: info(arroba)verdegaia(punto)org ou chamando ao 622 033 665


