Ensanche en números. O noso espazo


This post is available in castellano and galego.

Enlazando cun post anterior (¿son as rúas para todos?) que trataba o tema das rúas, comparando dous ensanches de cidades similares, agora analizaremos un dos ensanches con datos, o da Coruña.
A área que engloba o núcleo do ensanche son 147.837 m2, dos cales o espazo libre (non edificado) son 47.617 m2. Dese espazo libre un 61,5% corresponde a espazos peonís (inclúense as prazas, aínda que non sexan rúas) e o 38,5% restante destínase vías e aparcadoiros específicos de coches. Un 61,5% parece unha boa cifra para os peóns pero é un pouco máis alarmante que case a metade de todo o espazo público do barrio, é exclusivo dos coches. Pode non chamar a atención a cifra, pero tendo en conta o factor anti-social dos automóbiles e o seu perigo ao mesturarse cos espazos das persoas, é grave que o espazo de relación dos cidadáns véxase reducido e rodeado por este medio tan agresivo.
No entanto, non sería tan grave se ese 38,5% fose destinado a outros medios de transporte e sobre todo, os menos agresivos co peón. O feito de ter vías exclusivas e espazos propios destinados ao seu uso, outórgalle unha supremacía que o coche sabe ben como usar no seu favor. Volvemos recordar que é un problema porque o automóbil privado non comparte, palabra vital nun lugar chamado cidade. Nese 38,5% non hai aparcadoiros para motocicletas (aínda sendo privado e contaminante, ocupa unha cuarta parte e mestúrase moito mellor co peón) ou bicicletas. Tampouco vías especificas para transportes colectivos (bus, taxi), ou vehículos non contaminantes (bicicletas). Tan só quitando dúas prazas de aparcadoiro de coches en cada rúa, apárcanse catro motos e seis bicis, que na área marcada serían 128 motocicletas e 192 bicicletas. Case nada.
Non son cifras que correspondan con espazos de calidade, se temos en conta que nunha das áreas con maior densidade da cidade e a que ten unha maior actividade comercial e de lecer, só un 19,8% da superficie total é para espazos peonís, os que gozamos todos. E esta é unha zona “nobre” da cidade. A saber nos suburbios.

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Other Posts
Spain 5 - Germany 16
Fin de semana cicloturista na Limia

Write a Comment

Take a moment to comment and tell us what you think. Some basic HTML is allowed for formatting.

Reader Comments

Be the first to leave a comment!